![]() |
1 de decembro: DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA A SIDA |
A síndrome de inmunodeficiencia adquirida, máis coñecida polo seu acrónimo sida, é un conxunto de enfermidades de moi diverso tipo que resultan da infección do virus de inmunodeficiencia humana (VIH).
O VIH foi descuberto en 1983 por un francés, Luc Montagnier, e foi considerado axente da nacente epidemia de sida. O seu xenoma é unha cadena de ARN que debe copiarse durante un tempo ao ADN para poder multiplicarse e así poder infectar. Este virus fai que as nosas forzas defensivas diminúan, e sexa máis doado que outros virus poidan entrar no noso organismo. Este virus, maniféstase do seguinte xeito:
-Período asintomático: a persoa non sente nada, e non hai ningún signo externo que axude a deter esta síndrome.
-Inmunodepresión crónica: o sistema inmunolóxico da persoa infectada sufriu un gran descenso.
-Sida: tralo descenso das defensas, o corpo empeza a ser infectado por un conxunto de enfermidades. Este conxunto denomínase Sida. Estas infeccións son:
-Infeccións oportunistas: como as defensas estan baixas, os microbios teñen unha fácil entrada ao noso organismo, e iso provoca infeccións graves (tose prolongada e febre, diarreas crónicas, parálisis, tuberculose...) .
-Cancros: o sarcoma de Kaposi, son placas ou nódulos que non só se atopan na pel, senón tamén nos pulmóns, nos ganglios e en case todas as vísceras. Os linfomas, que son tumores nos ganglios linfáticos.
-Outras manifestacións: esta enfermidade pode acabar actuando directamente sobre o sistema nervioso central, causando así infeccións neurolóxicas (perda de memoria, falta de coordinación, confusión na linguaxe...).
A sida é a consecuencia final do VIH.
Pódese contaxiar polas seguintes vías:
1 Vía sexual.
2 Vía sanguínea.
3 Vía vertical (nai/fillo).
Algunhas formas de prevención son:
1 Parella sexual exclusiva.
2 Uso correcto do condón e sexo seguro.
3 Abstinencia sexual.
4 Uso do material esterilizado.
5 Detección oportuna do embarazo.
Existen moitos fármacos capaces de evitar a infección e a súa progresión, estes fármacos clasifícanse segundo a proteína á que van dirixidos. En xeral está indicado o uso combinado e denomínase TARGA (terapia antirretroviral de gran actividade). Estes tratamentos por separado non teñen ningún efecto, e ningún deles, por agora, conseguiu acabar co virus.