O doctor Zhaohui Zhonghan liderou, xunto con Ted Norris, un equipo de investigadores que desenvolveu un modelo que posibilita incorporar ás lentes de contacto uns sensores infravermellos, o que permitiría ao individuo ver na oscuridade total.
Esto é posible grazas ao grafeno, un material revolucionario, formado por carbono puro cos seus átomos dispostos nun patrón regular hexagonal. É un material moi lixeiro e flexible, este material é duascentas veces mais lixeiro que o aceiro e a súa densidade case a mesma que a da fibra de carbono.
Entón a idea dos científicos é aprobeitar a súa livinidade para incorporar ás lentes de contacto uns sensores de grafeno que detectan a luz medindo o comportamento de electróns e os cambios que producen entre as dúas capas necesarias deste material debidamente separadas por un illante. Así os sensores poden detectar o aspecto de luz íntegro, incluindo os raios infravermellos.
O grafeno levou aos seus descubridores a gañar o premio nobel de física no ano 2010; é considerado tan revolucionario como o plástico no século XX. É moi similar ao grafito, pero nunha lámina dun átomo de espesor. Unha lámina dun metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos. Grazas á súa flexivilidade e elasticidade podeíanse crear móviles flexibles e novos preservativos moito máis finos e resistentes que os actuais. Outras utilidades sería: crear pantallas táctiles flexibles, unha armadura moito mais eficaz que os chalecos antibalas, un sensor para cámaras mil veces máis sensible á luz, pintura para casas que absorbe enerxía ou super-baterias....
![]() |
Grafeno material |
No hay comentarios:
Publicar un comentario