Vistas de página en total

jueves, 23 de abril de 2015

lentes de contacto para ver na escuridade



O doctor Zhaohui Zhonghan liderou, xunto con Ted Norris, un equipo de investigadores que desenvolveu un modelo que posibilita incorporar ás lentes de contacto uns sensores infravermellos, o que permitiría ao individuo ver na oscuridade total.

Esto é posible grazas ao grafeno, un material revolucionario, formado por carbono puro cos seus átomos dispostos nun patrón regular hexagonal. É un material moi lixeiro e flexible, este material é duascentas veces mais lixeiro que o aceiro e a súa densidade case a mesma que a da fibra de carbono. 

Entón a idea dos científicos é aprobeitar a súa livinidade para incorporar ás lentes de contacto uns sensores de grafeno que detectan a luz medindo o comportamento de electróns e os cambios que producen entre as dúas capas necesarias deste material debidamente separadas por un illante. Así os sensores poden detectar o aspecto de luz íntegro, incluindo os raios infravermellos.

O grafeno levou aos seus descubridores a gañar o premio nobel de física no ano 2010; é considerado tan revolucionario como o plástico no século XX. É moi similar ao grafito, pero nunha lámina dun átomo de espesor. Unha lámina dun metro cadrado pesa tan só 0,77 miligramos. Grazas á súa flexivilidade e elasticidade podeíanse crear móviles flexibles e novos preservativos moito máis finos e resistentes que os actuais. Outras utilidades sería: crear pantallas táctiles flexibles, unha armadura moito mais eficaz que os chalecos antibalas, un sensor para cámaras mil veces máis sensible á luz, pintura para casas que absorbe enerxía ou super-baterias....

Grafeno material

jueves, 16 de abril de 2015

Aracnofobia


A aracnofobia é o asco ou fobia as arañas, esta fobia é bastante común e según un estudo recente ten unha causa xenética.
Pénsase que xorde miles de anos atrás en África, cando moitas especies velenosas convivían cos nosos antepasados, que máis tarde poboarían o Vello continente.
Joshua New, principal autor deste estudo, explica que estes seres humanos estaban en continuo risco de atoparse cun destes arácnidos, que a pesar de non ser todos mortais, causaban grandes efectos daniños que te deixaban exposto a calquera depredador.
Esta investigación convocou a douscentos cincuenta e dous voluntarios que foron sometidos á observación dunha serie de imaxes. As reaccións, cando aparecía a imaxe dunha araña, eran moi rápidas pero normalmente dubidosas ou pouco claras e para nada semellantes ás reaccións involuntarias como o medo ou a repugnancia.
Jon May, profesor de psicoloxía, suxire que non está codificado no ADN senon que se desenrola a través de condicionantes sociais. Por exemplo, se un bebe observa como seus pais ou irmáns reaccionan con repugnancia ante a presencia dunha araña, el reacionará igual.

lunes, 6 de abril de 2015

a revolución de 2.636 xenomas

                                                             Noticia EL MUNDO Xoves 26 de Marzo 2015


Case quince anos despois de que Tony Blair e Bill Clinton anunciaran o primeiro borrador do xenoma humano, publícase un traballo único de catro estudos levado a cabo por investigadores islandeses. Estes investigadores secuenciaron o xenoma de 2.636 individuos islandeses.
Ivo Gut, director do centro nacional de análise xenómico, define este traballo como revolucionario e impresionante. Este experto di que se trata dun traballo que terá consecuencias prácticas nas que se axudará no campo das enfermidades raras.
Grazas á participación entusiasta dos islandeses puidéronse obter datos como os das mutacións ralacionadas coa fibrilación auricular de inicio precoz, unha infección cardíaca, cun maior risco de enfermidade hepática e con niveis elevados dunha hormona estimulante da tiroides. O xefe da investicación foi Kari Stefansson, conselleiro delegado da empresa deCODE genetics. Kari Stefansson asegura que o problema para a implantación deste traballo non é cientifico senon social,  a xente ten medo a perder a súa intimidade xenética.
Arcadi Navarro, director do departamento de ciencias e saúde experimental da universitat Pampeu Fabra, di que as mutacións identificadas con risco de enfermidade non son o máis importante nos traballos, senon demostrar que esto se podía facer a grande escala, según él acabamos de traspasar unha porta aberta fai máis de dez anos.
Tamén esta investigación aborda posibilidades terapéuticas, non só serviría para enfermidades concretas. Por exemplo, o estudo que define a porcentaxe de persoas que carecen de funcións dun determinado xene servirá para estudar como esa función é asumida por outros xenes, o que podería utilizarse para desenvolver terapias.