Vistas de página en total

jueves, 16 de abril de 2015

Aracnofobia


A aracnofobia é o asco ou fobia as arañas, esta fobia é bastante común e según un estudo recente ten unha causa xenética.
Pénsase que xorde miles de anos atrás en África, cando moitas especies velenosas convivían cos nosos antepasados, que máis tarde poboarían o Vello continente.
Joshua New, principal autor deste estudo, explica que estes seres humanos estaban en continuo risco de atoparse cun destes arácnidos, que a pesar de non ser todos mortais, causaban grandes efectos daniños que te deixaban exposto a calquera depredador.
Esta investigación convocou a douscentos cincuenta e dous voluntarios que foron sometidos á observación dunha serie de imaxes. As reaccións, cando aparecía a imaxe dunha araña, eran moi rápidas pero normalmente dubidosas ou pouco claras e para nada semellantes ás reaccións involuntarias como o medo ou a repugnancia.
Jon May, profesor de psicoloxía, suxire que non está codificado no ADN senon que se desenrola a través de condicionantes sociais. Por exemplo, se un bebe observa como seus pais ou irmáns reaccionan con repugnancia ante a presencia dunha araña, el reacionará igual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario