Páginas vistas en total

martes, 9 de junio de 2015

Dous anos para a reprodución asistida

Noticia da Voz de Galicia, Domingo 7 de Xuño do 2015

Gráfica da Voz de Galicia

  Unhas cincuenta mil parellas galegas sofren algún problema de esterilidade. Moitas acoden ás unidades de reprodución asistida, pero  danse de fuciños cunha barreira administrativa: as listas de espera intimidatorias . No caso da fecundación in vitro (FIV), a lista de espera de Vigo (no Chuvi) é de 22 meses. As citas chegan ata decembro de 2016 pero "xa hai oitenta parellas esperando a apertura da axenda de 2017", di o responsable desta unidade de Reprodución Asistida. Este dato concorda co que sucede no resto do Estado, cunha media de 406 días de espera para a FIV.
   En Vigo non hai demora para as primeiras citas co xinecólogo, pero non sucede o mesmo en A Coruña (no Materno), onde unha paciente pode tardar un ano dende que pide a cita co especialista. Sen embargo neste hospital é mais doado a canle da FIV, cun só un mes de espera.
  En Santiago de Compostela (no Chus), a espera para a FIV é dun ano, e case non hai demora para a primeira cita.
A todos estes problemas da demora hai que engadir  un problema máis, a normativa que regula en España a reprodución humana asistida pois establece uns topes de idade. Na sanidade pública dispón 40 anos para a FIV e 38 para a  inseminación artificial de doante.
  Moitas mulleres atópanse con dous problemas: a idade avanzada  para ter fillos e listas de espera de casi dous anos. Poderíase argumentar que as mulleres deberían acudir antes ás unidades de reprodución, pero non é doado: a lei establece que para acreditar unha infertilidade hai que pasar por tres abortos consecutivos, dous para maiores de 38 anos.
  Cal é a solución ante os problemas coa maternidade, listas de espera e barreiras normativas?
Acudir a clínicas privadas xa que o límite de idade está en 50 anos e non hai demora. O prezo medio  da fecundación in vitro en España é de 4.542 € aos que hai que engadir 1.472 da medicación  que a veces hai que duplicar e ata  triplicar. Si se decanta  un por un tratamento de ovodonación, a media ascende a 6.508 €.
  Os pacientes, en xeral, falan maravillas dos profesionais públicos destas unidades e sinalan pola contra a falta de recursos como causa do atasco burocrático. Os profesionais coinciden con esta explicación e reclaman recursos ante unha demanda crecente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario