Gráfica da Voz de Galicia |
Unhas cincuenta mil parellas galegas sofren algún problema de esterilidade. Moitas acoden ás unidades de reprodución asistida, pero danse de fuciños cunha barreira administrativa: as listas de espera intimidatorias . No caso da fecundación in vitro (FIV), a lista de espera de Vigo (no Chuvi) é de 22 meses. As citas chegan ata decembro de 2016 pero "xa hai oitenta parellas esperando a apertura da axenda de 2017", di o responsable desta unidade de Reprodución Asistida. Este dato concorda co que sucede no resto do Estado, cunha media de 406 días de espera para a FIV.
En Vigo non hai demora para as primeiras citas co xinecólogo, pero non sucede o mesmo en A Coruña (no Materno), onde unha paciente pode tardar un ano dende que pide a cita co especialista. Sen embargo neste hospital é mais doado a canle da FIV, cun só un mes de espera.
En Santiago de Compostela (no Chus), a espera para a FIV é dun ano, e case non hai demora para a primeira cita.
A todos estes problemas da demora hai que engadir un problema máis, a normativa que regula en España a reprodución humana asistida pois establece uns topes de idade. Na sanidade pública dispón 40 anos para a FIV e 38 para a inseminación artificial de doante.
Moitas mulleres atópanse con dous problemas: a idade avanzada para ter fillos e listas de espera de casi dous anos. Poderíase argumentar que as mulleres deberían acudir antes ás unidades de reprodución, pero non é doado: a lei establece que para acreditar unha infertilidade hai que pasar por tres abortos consecutivos, dous para maiores de 38 anos.
Cal é a solución ante os problemas coa maternidade, listas de espera e barreiras normativas?
Acudir a clínicas privadas xa que o límite de idade está en 50 anos e non hai demora. O prezo medio da fecundación in vitro en España é de 4.542 € aos que hai que engadir 1.472 da medicación que a veces hai que duplicar e ata triplicar. Si se decanta un por un tratamento de ovodonación, a media ascende a 6.508 €.
Os pacientes, en xeral, falan maravillas dos profesionais públicos destas unidades e sinalan pola contra a falta de recursos como causa do atasco burocrático. Os profesionais coinciden con esta explicación e reclaman recursos ante unha demanda crecente.